Saltar ao contido

Estadio de Atotxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio de Atotxa
Datos
Coordenadas43°19′10″N 1°58′31″O / 43.3195118, -1.9752008
LocalizaciónDonostia, Guipúscoa
Construción
Inauguración4 de outubro de 1913
Demolición28 de maio de 1999
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105x68
Capacidade26.700
PropietarioConcello de Donostia
LocalíaReal Sociedad de Fútbol
editar datos en Wikidata ]

O Estadio de Atotxa era un estadio de fútbol da cidade de Donostia, no País Vasco. Foi o campo da Real Sociedad durante oitenta anos, o segundo da súa historia logo do de Ondarreta. Chegou a ter capacidade para 27.000 persoas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado no ano 1913 nun encontro contra o Athletic de Bilbao que rematou con empate a tres. Deixou de utilizarse en 1993 para ser demolido en 1999 para edificar vivendas de protección oficial. Como despedida celebrouse un amigábel entre a Real Sociedad e a Selección de fútbol de Euskadi.

Nel a Real Sociedad proclamouse campión das ligas de 1981 e 1982. A partir da tempada 1993/94 o equipo pasou a xogar no estadio de Anoeta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]